Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 09/05/2024 | Actualizada ás 10:33
A banda da Loba lanza a traca final da súa homenaxe a Luísa Villalta neste 2024 no que lle dedican as Letras Galegas: 'E o mar'. Con esta canción de ritmo 'ska' que recorda un pouco ao Bella Ciao, as 'lobas' queren reivindicar a cara máis social da escritora "que formou parte do movemento Nunca Máis ou escribiu posicionándose do lado do pobo palestino nesta guerra que semella non ter fin".
No videoclip, como protagonista principal, unha muller que viviu a catástrofe máis grande da nosa costa na súa infancia, o 'Prestige', e que de maior tivo que volver ás praias, esta vez para recoller os pélets. "'E o mar' é unha homenaxe ao activismo de Villalta, ao seu compromiso, á súa valentía e tamén ao noso pobo, porque non podemos nin queremos esquecer. Tralo 'Prestige', os pélets. Que virá despois?", pregúntase a banda.
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Galicia, máis lectora que a media do Estado, sobre todo, prensa e libros
- Os abonos do Resurrection Fest para censados en Viveiro saen á venda este mércores
- Henrique Monteagudo, novo presidente da RAG, reclama un pacto social polo galego e achegalo aos mozos
- O PPdeG quere modificar a letra do himno galego e pide a participación da RAG e do CCG
- Henrique Monteagudo, chamado a suceder a Víctor Freixanes á fronte da Real Academia Galega
- Tanxugueiras, Caamaño&Ameixeiras, Ortiga e Baiuca, entre os finalistas do II Premios da Academia da Música