Por Europa Press / Redacción | Ourense | 08/04/2022 | Actualizada ás 20:12
O fume que desprendeu unha substancia disolvente coa que traballaban no centro de menores O Camiño dos Rapaces, na parroquia de Montealegre, en Ourense, foi a causa do desaloxo do edificio, aínda que non houbo que lamentar danos persoais.
Sobre as 17,45 horas, unha persoa contactou co 112 Galicia para alertar de que había moito fume nunha habitación do centro e engadía que estaban a traballar con disolvente.
Desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención dos Bombeiros de Ourense e da Policía Local.
Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polos membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento da cidade, o equipo desprazado levou a cabo a ventilación das zonas afectadas e descartaron que houbese chamas, a pesar de que se produciu moito fume.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.