Investigados dous homes por usar o Monte Xalo como vertedoiro de residuos

Parte deles procedían da limpeza dunha nave do polígono da Grela na Coruña.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/04/2022 | Actualizada ás 10:36

Comparte esta noticia

A patrulla do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) de Garda Civil investigou un veciño de Cambre e a outro da Coruña por unha infracción en materia de xestión de residuos.

Os feitos ocorreron tras a publicación en varios medios de comunicación e en redes sociais dunha denuncia pola aparición no monte Xalo-Culleredo dun vertedoiro incontrolado de pneumáticos e outros residuos, onde se solicitaba a colaboración cidadá para o esclarecemento destes feitos.

Inmediatamente a patrulla do Seprona da Coruña iniciou unha investigación para dar co autor ou autores dos feitos. Durante a inspección ocular do lugar onde se orixinou o vertedoiro, os axentes atoparon evidencias que serviron para esclarecer os feitos, logrando pescudar que parte destes residuos procedían da limpeza dunha nave do polígono da Grela na Coruña.

Os residuos foran entregados a unha persoa para que realizase unha adecuada xestión, apunta a Garda Civil. Tras contactar cos responsables destes feitos, procederon a realizar a limpeza da zona o pasado sábado.

Vertedoiro ilegal
Vertedoiro ilegal | Fonte: garda civil

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta