Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 20/04/2022 | Actualizada ás 14:30
Una das clásicas por excelencia da 'mountain bike', a Pontevedra 4 Picos BTT, regresará o vindeiro 14 de maio cun novo percorrido que promete deixar coa boca aberta a tódolos asistentes. Os máis de 1.000 ciclistas que participarán na proba, organizada pola firma Global Dxt en colaboración coa Concellería de Deportes e a Deputación, poderán poñer a proba os seus límites nas dúas distancias que se propoñen: unha curta, de 63 kilómetros e un desnivel acumulado positivo de 1.500 metros, e outra longo, de 130 kilómetros e preto de 3.000 metros de desnivel acumulado positivo.
Todos aqueles interesados en participar, sexan 'pros' ou simplemente amantes do turismo deportivo en bici, e que aínda non se inscribirán, terán até o 29 de abril para facelo a través da páxina web www.pontevedra4picos.com, onde tamén poderá atoparse toda a información sobre este evento. A proba dará comezo entre as 8:15 e as 8:30 horas e os participantes sairán desde as inmediacións do Pazo de Congresos.
A carreira, aberta a categorías individual, por parellas, equipos de tres e ebike, foi presentada esta mañá no Concello de Pontevedra nun acto no que participaron o tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández; a deputada provincial Ana Laura Iglesias; o responsable da empresa organizadora, Josevi Cimadevila; o inspector da Policía Local Jesús Cal; o xefe de Protección Civil, Hermenegildo Rodríguez Novoa, e o coordinador da Oficina de Voluntariado de Pontevedra, Miguel Balea.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.