Santiago prepara os servizo de coinciliación de verán para crianzas do municipio

Ofertarán un total de 242 prazas para nenos e nenas de entre 4 e 12 anos do 1 ao 29 de xullo en centros urbanos e rurais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2022 | Actualizada ás 12:44

Comparte esta noticia

O Concello de Santiago de Compostela ofertará un total de 242 prazas para nenos e nenas de entre 4 e 12 anos do 1 ao 29 de xullo en centros urbanos e rurais co obxectivo de favorecer que as familias poidan conciliar durante o verán. Nunha rolda de prensa ofrecida este martes no Consistorio compostelán, os concelleiros Javier Fernández e Rubén Prol detallaron que, destas prazas, un total de 102 ofertaranse en centros urbanos e 140 no rural.

Os edís explicaron que as familias interesadas poderán inscribirse a partir do día 5 de maio e ata o día 20 a través do correo electrónico viveoveran@santiagodecompostela.gal ou nos propios centros socioculturais. As follas para a preinscrición poderanse descargar na páxina web do concello ou recoller nas conserjerías dos centros. As actividades, que se desenvolverán do 1 ao 29 de xullo, terán un prezo de 80 euros para todo o mes ou de 40 euros para un período de 15 días.

As familias numerosas, as monoparentais, as que presenten discapacidade ou diversidade funcional e as pensionistas terán un desconto do 50%. Ademais, o prezo reducirase nun 20% para as familias con dúas ou máis irmáns nos programas e as actividades serán gratuítas para as que conten con dúas persoas en situación de desemprego ou risco de exclusión social.

Na contorna urbana, conforme detallou en Consistorio, no centro sociocultural de Santa Marta ofertaranse 40 prazas de 4 a 8 anos; no de Pontepedriña haberá 20 prazas para nenos de 6 a 12 anos; no centro sociocultural da Trisca habilitaranse 12 prazas para nenos e nenas de 4 a 8 anos; e no de Vite haberá 30 prazas para idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos. No rural ofertaranse 30 prazas en Graza e Marrozos; 20 en Figueiras, Lavacolla, Laraño e Nemenzo. En todos eles serán para menores nados entre os anos 2009 e 2016.

LUDOTECA MUNICIPAL

Na rolda de prensa, ademais, o concelleiro Ruben Prol apuntou que a estas actividades sumaranse as que se desenvolverán en períodos non lectivos na ludoteca municipal María Miramontes para menores de entre 3 e 12 anos.

En total, o programa da ludoteca oferta 73 prazas: 20 para nenos e nenas de 3 anos; 30 para menores de 4, 5 e 6 anos; e 23 para menores de 7, 8, 9, 10, 11 e 12 anos. Ademais, o programa de conciliación levará a cabo en quendas, entre o 23 de xuño e o 9 de setembro, en horario de 7,45 horas a 15,00 horas.

A primeira das quendas terá lugar entre o 23 de xuño e o 1 de xullo, a segunda do 4 ao 15 de xullo, a terceira do 18 ao 20 de xullo, a cuarta do 1 ao 12 de agosto, a quinta do 17 ao 31 de agosto, e a sexta do 1 ao 9 de setembro. Os usuarios poderán gozar dun máximo de dúas quendas, agás que haxa prazas dispoñibles noutros.

Para a inscrición nestas actividades, cuxo prazo estará aberto desde este martes ata o próximo 6 de maio e que serán gratuítas, as familias deberán descargar o formulario na sede electrónica do Concello ou na web da ludoteca María Miramontes (modelo de solicitude 'Alta en espazo educativo e de lecer').

Imaxe da fachada do Pazo de Raxoi. CONCELLO DE SANTIAGO
Imaxe da fachada do Pazo de Raxoi. CONCELLO DE SANTIAGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta