Por E.P. | A CORUÑA | 02/05/2022 | Actualizada ás 13:13
O Encontro Mundial de Humorismo inicia este luns na Coruña a súa programación gratuíta con charlas e mesas redondas, no que será a vertente divulgativa desta segunda edición, que terá lugar ata o 8 de maio, informa a organización. Desde esta tarde, a sede de Afundación acollerá as charlas e mesas redondas abertas ao público da programación paralela do certame humorístico.
A relación da obra de Wenceslao Fernández Flórez e o cinema, os novos formatos e negocios vinculados ao entretemento ou a relación entre humor e política protagonizan as actividades gratuítas. Entre elas, está tamén o concerto 'A banda sonora da nosa risa', con Luís Piedrahita e a Banda Municipal de Música da Coruña, e que terá lugar o xoves, día 5, no Teatro Colón.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.