Piden 17 anos de prisión para policías da Pobra do Caramiñal que agrediron e retiveron ilegalmente un músico rueiro

A irmá tamén sufriu agresións dos axentes, segundo Fiscalía.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 07/05/2022 | Actualizada ás 18:21

Comparte esta noticia

O Ministerio Público pide 17 anos de prisión para dous policías da Pobra do Caramiñal que agrediron e retiveron ilegalmente un músico rueiro e a súa irmá.

Xulgados de Santiago de Compostela
Xulgados de Santiago de Compostela | Fonte: Europa Press

Segundo narra o escrito de acusación, os feitos sucederon en marzo de 2014, cando o home e uns amigos estaban tocando música na rúa. Os dous axentes, que estaban de patrulla, dirixíronse ao home para pedirlle que deixase de tocar e tentaron quitarlle os instrumentos, algo ao que el se negou alegando que non tiñan dereito. Nese momento, os dous acusados, postos de común acordo, di Fiscalía, "abusaron claramente do seu cargo e posición" e inmobilizaron o home agarrándoo polo pescozo, co que este tiña dificultades para poder respirar.

Cando a vítima conseguiu soltarse, os axentes comezaron a golpearlle de forma repetida en cara, cabeza, costas, brazos e pernas, mentres dicían frases como 'este debe ser o último que saltou o valo' ou 'a este había que pegarlle un tiro e listo", segundo Fiscalía.

Nese momento interveu a irmá da vítima, que presenciara o ataque, e pediu aos policías que parasen de pegarlle. Con todo, asegura o fiscal, os axentes "aporreárona e tiráronlle dos pelos".

Tanto o músico rueiro como a súa irmá presentaron lesións e, de feito, el tivo que ser trasladado pola súa muller a un centro hospitalario no que, entre outras cuestións, necesitou puntos de sutura.

Ambos os dous foron despois detidos pola Policía, acusados dun delito de atentado e dun delito de desobediencia e resistencia. Os axentes elaboraron un atestado falso, asegura Fiscalía, no que narraban uns feitos "totalmente" afastados da realidade para "eludir todo tipo de responsabilidade. O músico e a súa irmá foron postos en liberdade tras prestar declaración xudicial.

O Ministerio Público considera estes feitos imputables por un delito de lesións, un delito de falsidade en documento oficial e dous delitos de detención ilegal, polos que pide, de forma conxunta, 17 anos de prisión para cada un dos acusados. Tamén lles insta a pagar ao home unha indemnización de 4.000 euros e á muller de 2.000 euros.

O xuízo terá lugar o vindeiro xoves e venres na sede compostelá da Audiencia Provincial da Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta