Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 19/05/2022 | Actualizada ás 19:07
A Xunta renovou o seu convenio coa Igrexa católica polo que entrega 200.00 euros para realizar reparacións e intervencións nos templos parroquiais. O Consello da Xunta, reunido este xoves, deu luz verde ao acordo, orientado a financiar "a conservación, mantemento e rehabilitación" dos bens eclesiásticos.
Os 200.000 euros repártense entre as seis dioceses con influencia sobre territorio galego e en función do número de parroquias que as compoñen.
A que máis recibe é, por tanto, a de Lugo con 49.200 euros, seguida de Santiago (43.000 euros), Ourense (37.800 euros), Mondoñedo-Ferrol (31.600 euros), Tui-Vigo (25.400) e Astorga (13.000).
A Xunta sinala que ao amparo deste convenio sufragaranse actuacións nas igrexas de Santa María de Xunqueira --Cee (A Coruña)--, Santo Estevo do Val --O Vicedo (Lugo)-- e en Santa María de Freás de Eirás --Ramirás (Ourense)--.
Tamén se contemplan intervencións en San Xoán Bautista de Piñeiro --Covelo (Pontevedra)--, Xares --A Veiga (Ourense), Santalla --Paradela (Lugo)-- e San Miguel de Buciños --Carballedo (Lugo)--.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.