Galicia rexistra a súa maior compravenda de vivendas nun mes de abril nos últimos 12 anos

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/06/2022 | Actualizada ás 11:36

Comparte esta noticia

Galicia rexistra un total 1.666 compravendas de vivendas en abril, a súa maior cifra nos últimos 12 anos, segundo os datos que publica o Instituto Nacional de Estatística (INE) este luns.

Deste xeito, a compravenda elévase un 7% en comparación co mesmo mes de 2021. Este aumento está por baixo do avance do 11,9% que se computa na media española. A comunidade galega conta co menor número de operacións por 100.000 habitantes, con 77, fronte ás 126 do conxunto do país.

Do total de 1.666 vivendas transmitidas, 1.585 eran libres e 81, protexidas. A gran maioría tratábase de vivenda usada (1.321) e o resto correspóndense con nova (345). O total de leiras transmitidas inscritas nos rexistros alcanzou as 8.732 en Galicia en abril, un aumento do 3,1%, o que contrasta coa baixada media do 1,3%.

Deste total, 2.581 eran leiras rústicas (765 compravendas, 27 doazóns, 26 permutas, 1.047 herdanzas e 716 operacións doutra clase) e as restantes 6.151 son urbanas (3.182 compravendas, 56 doazóns, 14 permutas, 1.395 herdanzas e 1.504 operacións doutro tipo).

As leiras urbanas transmitidas correspóndense con 3.300 vivendas (as 1.666 compravendas, 27 doazóns, sete permutas, 812 herdanzas e 788 operacións doutro tipo), 212 solares e 2.639 doutro tipo.

Galicia rexistra a súa maior compravenda de vivendas nun mes de abril nos últimos 12 anos. EPDATA
Galicia rexistra a súa maior compravenda de vivendas nun mes de abril nos últimos 12 anos. EPDATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta