A Xunta dixitalizará todas as aulas desde Infantil a Bacharelato e estenderaa a ensinos especiais

Unhas 30.000 familias beneficiaranse da extensión da gratuidade de escolas infantís ás privadas

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/06/2022 | Actualizada ás 18:24

Comparte esta noticia

O Consello da Xunta acordou este xoves autorizar a contratación, mediante un acordo marco, da subministración e instalación de 9.000 paneis interactivos para aulas de centros educativos, por un valor estimado de 23,8 millóns de euros. Este contrato marco permitirá completar e evolucionar todas as aulas de centros públicos dependentes da Xunta, de Infantil a segundo de Bacharelato, dotándoas de paneis interactivos, así como iniciar a extensión da dixitalización aos centros de ensinos especiais.

Unh profesor nunha aula dun colexio
Unh profesor nunha aula dun colexio | Fonte: CCOO - Arquivo

O acordo marco, cunha vixencia de dous anos, consta de dous lotes, aos que poderá optar un único empresario por lote. O primeiro, dotado con 21,6 millóns, será para fornecer paneis interactivos, mentres que o segundo, de 2,25 millóns, será para a instalación destes equipos.

Este acordo marco é o segundo que se autoriza para estender a dixitalización das aulas en centros dependentes da Xunta. A actuación enmárcase no Plan de Infraestruturas Dixitais Educativas, que conta cun investimento total de 134,6 millóns co obxectivo de que o 100 por cen do alumnado teña dotación de banda ancha nos seus centros, wifi en todos os espazos docentes e equipamentos necesarios para o modelo do Proxecto Abalar, entre outras cuestións.

Por outro lado, a conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, anunciou este xoves, nunha visita ao centro Meniños de Teo, que as escolas infantís de titularidade privada e de iniciativa social xa poden solicitar fondos para aplicar a gratuidade das prazas. A Xunta de Galicia publicou este mércores no DOG a orde para financiar esta medida, cun investimento de máis de 41 millóns de euros, que beneficiará a unhas 30.000 familias.

Así, con esta orde, auméntase nun 10% a contía que reciben os centros para que poidan facer fronte o incremento de gastos. Ademais, anticiparase o 100% do crédito para o período de setembro a decembro e o 90% de xaneiro a agosto, co fin de facilitar a planificación do curso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta