Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/06/2022 | Actualizada ás 19:52
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, recoñeceu este xoves que as cifras da Covid en Galicia "so preocupantes", pero "non teñen que alarmar". Refeirase deste xeito ao incremento de casos nos últimos días, case 1.800 novos positivos diarios, e unha taxa de positividade do 50% cando o recomendado pola OMS é do 5%.
O presidente galego asociou este incremento de casos ás festas do San Xoán e tamén as excursións de fin de curso do estudantado galego. Con todo, destacou que o Goberno galego segue analizando diariamente a situación da covid pero descartou novas xuntanzas do Comité Clínico para avaliar a situación, algo que era moi usual ata hai ben pouco.
"Se hai que facer algunha xuntanza pois se faría, pero o criterio dos expertos é que non é necesario facer máis xuntanzas ao respecto, pero se hai que facelas, pois se farían", dixo durante a durante a rolda de prensa do Consello da Xunta. Unha reunión na que deu conta tamén da adquisición de catro equipos de radioloxía vascular intervencionista e catro equipos de neurovascular intervencionista, que terán como destino os hospitais da rede sanitaria pública galega e nos que se vai a investir 8,4 millóns.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.