A xente nova súmase a unha exitosa XXIII Feira do Viño de Valdeorras

O presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras amosou a súa satisfacción polo aumento da asistencia de público, nun 20% en comparación co ano 2019, e tamén polo incremento de participación do perfil de idade entre 20 e 30 anos.

Por Galicia Confidencial | Vilamartín de Valdeorras | 12/07/2022 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Malia ás elevadas temperaturas que se rexistraron durante toda a fin de semana no Barco, a XXIII edición da Feira do Viño de Valdeorras desafíou ao calor e congregou na Praza de Viloira durante toda a fin de semana a numerosas persoas.

Unha das catas realizadas na XXIII Feira do Viño de Valdeorras. Foto: CRDO Valdeorras
Unha das catas realizadas na XXIII Feira do Viño de Valdeorras. Foto: CRDO Valdeorras

“Calculamos que a asistencia medrou un 20% con respecto ao ano 2019, o anterior a pandemia, e que unhas 8.000 persoas pasaron nalgún momento da fin de semana polo recinto feiral”, sinala o presidente do Consello Regulador, José Luis García Pando.

“Ademais, conseguimos atraer numeroso público cun rango de idade comprendido entre  os 20 e os 30 anos, que antes da pandemia se nos escapaba. De feito, era unha das nosas materias pendentes”, refire con satisfacción García Pando.

ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NAS CATAS

Tamén cualifican de éxito os organizadores as catas comentadas que se celebraron nos xardíns da Casa Grande de Viloira. Eran unha das actividades paralelas novidosas este ano e completaron o seu aforo en todos os casos.

Recinto feiral ateigado de xente na XXIII Feira do Viño de Valdeorras. Foto: CRDO Valdeorras
Recinto feiral ateigado de xente na XXIII Feira do Viño de Valdeorras. Foto: CRDO Valdeorras

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta