Un godello de Valdeorras premiado con 100 puntos na Guía Gourmets

A cerimonia de entrega celebrouse o pasado día 9 de abril no marco da 38ª edición do Salón Gourmets de Madrid.

Por Galicia Confidencial | O Barco de Valdeorras | 12/04/2025 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Un Godello da Denominación de Orixe Valdeorras foi seleccionado como un dos dous mellores brancos de España na primeira edición dos Premios Liga del 100 da prestixiosa Guía Vinos Gourmets. O galardón foi outorgado a Sorte O Soro 2023, da adega Rafael Palacios, que é un dos nove únicos viños, de seis denominacións diferentes a nivel nacional, aos que o comité de cata premiou con 100 puntos sobre unha escala de 100.

Premio para a Adega Rafael Palacios. Foto: CRDO Valdeorras.
Premio para a Adega Rafael Palacios. Foto: CRDO Valdeorras.

Segundo explican desde a organización, trátase da primeira vez que esta Guía, que chega en 2025 á 40ª edición, concede a máxima cualificación, outorgada por unanimidade dos seus membros, “a viños sublimes, que sobresaen pola súa marcada personalidade, elegancia, cualidades excepcionais e que merecen o máximo recoñecemento”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta