Ferido un condutor ao bater cunha casa en Corcubión

Tivo que ser excarcerado e trasladado ao hospital.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/08/2022 | Actualizada ás 19:49

Comparte esta noticia

Un home resultou ferido e tivo que ser excarcerado despois de saírse da vía o turismo que conducía ao seu paso polo concello coruñés de Corcubión, onde impactou contra unha vivenda.

O accidente ocorreu sobre as 16,45 horas deste luns. Segundo a información facilitada ao 112 Galicia por un particular que chamou á central de emerxencias, o home sufriu unha saída de vía e finalizou chocouna contra unha casa mentres conducía pola AC-445, entre os puntos quilométricos 3 e 4.

Debido á posición na que finalizou o turismo, o ferido necesitou axuda para abandonalo. Foron avisados os Bombeiros de Cee, que acudiron ao lugar do accidente e fixeron uso do material de excarceración para liberar ao ferido.

Ata o punto tamén acudiron os axentes da Garda Civil de Tráfico, os membros de Protección Civil da localidade e servizo de mantemento de estradas. O condutor foi evacuado polos profesionais do 061 ao centro hospitalario de referencia.

Sede do 112 / Axega 112  / Europa Press  / Europa Press
Sede do 112 / Axega 112 / Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta