Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/08/2022 | Actualizada ás 13:50
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, anunciou o inicio das obras de rehabilitación e musealización que a Xunta de Galicia impulsa na casa da pintora María Antonia Dans, cun investimento de 250.000 euros. A actuación, que comezará nos próximos días, contará cun prazo de execución de nove meses e levará a cabo ao amparo dun convenio asinado este xoves entre o representante autonómico de Cultura e o alcalde de Curtis, Javier Caínzos.
Segundo explicou Román Rodríguez na súa visita á casa, con esta colaboración súmase unha nova alternativa cultural e artística na zona, ponse en valor a figura da pintora e recupérase unha parte do patrimonio histórico do concello. "María Antonia Dans é un referente no neoexpresionismo que destaca polas súas paisaxes nas que o rural xoga un papel fundamental e pola forza cromática dos seus lenzos", explicou o conselleiro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.