Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/08/2022 | Actualizada ás 16:15
Traballadores de empresa de transporte de viaxeiros ALSA concentráronse este xoves ante o Concello de Ferrol para esixir a "inmediata" readmisión de dous traballadores despedidos.
A mobilización foi convocada polos sindicatos CIG e UGT e nela tamén demandaron o cumprimento do contrato de mobilidade por parte da empresa. O representante da FGAMT-CIG, Xesús Pastoriza, asegurou que "os despedimentos destes dous traballadores producíronse cando estaban de baixa e a empresa non xustificou as causas nin na carta de despedimento, nin nas reunións mantidas".
Por iso entende que, con estes despedimentos, ALSA pretende "amedrentar o conxunto do persoal que vén denunciando, entre outras cuestións, os incumprimentos da empresa no relativo ao contrato de mobilidade".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.