Por gcdeportes | A Coruña | 20/09/2014 | Actualizada ás 19:31
Ficha técnica:
Deportivo: Lux; Laure, Sidnei, Diakhité, Luisinho; Álex Bergantiños, Medunjanin; Juanfran (Juan Domínguez, 46'), Fariña (Toché, 74'), Cuenca e Hélder Postiga (Cavaleiro, 46').
Real Madrid: Casillas; Arbeloa, Varane, Sergio Ramos, Marcelo; Bale (Chicharito, 77'), Modric (Isco, 71'), Kroos, James; Cristiano Ronaldo e Benzema (Illarramendi, 59').
Goles: 0-1: Cristiano Ronaldo (29'). 0-2: James (36'). 0-3: Cristiano Ronaldo (41'). 1-3: Medunjanin, de penalti (51'). 1-4: Bale (66'). 1-5: Bale (74'). 1-6: Cristiano Ronaldo (78'). 2-6: Toché (84'). 2-7: Chicharito (88'). 2-8: Chicharito (92').
Árbitro: Pérez Montero (andaluz). Amarelas a Sergio Ramos (min. 50) no Real Madrid e a Sidnei (min. 64) no Deportivo.
Incidencias: partido da 4ª xornada da Liga BBVA no estadio municipal de Riazor ante 27.600 espectadores.
Media hora aguantou o Dépor o 0-0. Despois, o Real Madrid aproveitou as facilidades dadas polos locais en defensa para marcar oito goles: a primeira vez que o Dépor encaixa oito na casa e a primeira vez que os brancos marcan loito fóra do Bernabéu. Un resultado, 2-8, que devolve as dúbidas a Riazor a tan só tres días do derbi galego en Balaídos.
Víctor Fernández sacou unha parella de centrais inédita, Sidnei e Diakhité, e deixou no banco a Juan Domínguez. Ata que chegou o 0-1, o Dépor semellaba controlar o partido: centrado en defensa, coas liñas xuntas, e con saída con Juanfran pola dereita e Isaac Cuenca pola esquerda. Ademáis, os de Ancelotti, a pesares de que chegaban con dúas derrotas consecutivas, parecían xogar a poucas revolucións.
Pero foi ata que chegou o primeiro gol visitante, despois o Dépor desapareceu. Ronaldo no 29', James Rodríguez no 36 e de novo Cristiano Ronaldo no 41, tras un erro de Lux na saída, decidiron o partido (0-3) antes do tempo de lecer.
Víctor Fernández meteu no campo a Cavaleiro e Juan Domínguez, e un penalti por mans de Sergio Ramos (sinalado polo xuíz de liña) deu folgos ao Dépor. Medunjanin puxo o 1-3 e Riazor soñou durante oito minutos coa remontada. Casillas errou nun centro e Fariña rematou alto, pero o Real Madrid axiña fixo o 1-4, obra de Bale tras pase en profundidade de Marcelo, e deixou sentenciado o partido por segunda vez.
Bale marcou de novo e Ronaldo, que nunca antes marcara en Riazor, completou o seu hat-trick. Toché marcou o 2-6 coa testa cando levaba dez minutos no campo, pero Chicharito saiu para completar a escandalosa goleada (2-8) con dous tantos nos últimos cinco minutos.
"Fíxonos dano o primeiro gol e o 1-4 cando tentabamos meternos no partido", comentou o adestrador deportivista, que calificou como “un castigo absolutamente desproporcionado” a goleada que encaixou o seu equipo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.