O Instituto Tecnolóxico de Galicia impulsa o primeiro voo de dron aerotaxi en España

O "fito", engade, tivo lugar nas instalacións do Centro de Investigación Aeroportada (CIAR) en Rozas, en Castro de Rei

Por E.P. | A CORUÑA | 04/10/2022 | Actualizada ás 17:11

Comparte esta noticia

O Instituto Tecnolóxico de Galicia impulsa o primeiro voo de dron aerotaxi en España, grazas á plataforma tecnolóxica AIRUS para a integración eficiente e segura de UAS (drones) no espazo aéreo.

Este luns levaron a cabo os primeiros voos en España dun aerotaxi sen piloto xestionado con AIRUS, "un dos sistemas máis avanzados de xestión de tráfico de drones en cidades de Europa, desenvolvido polo Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG)", explica.

O "fito", engade, tivo lugar nas instalacións do Centro de Investigación Aeroportada (CIAR) en Rozas, en Castro de Rei (Lugo), no marco do proxecto europeo AMU-LED, "que busca avanzar na integración segura de drones en contornas urbanas".

Estes voos forman parte das demostracións de AMU-LED deseñadas e coordinadas por ITG en España e que tiveron lugar estes días no que foi unha das maiores e máis avanzadas concentracións de tráfico aéreo de drones de Europa, con vehículos aéreos tripulados e non tripulados que realizaron máis de 30 operacións, tanto reais como simuladas.

Voo de dron. ITG
Voo de dron. ITG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta