Por E.P. | OURENSE | 06/10/2022 | Actualizada ás 16:11
A ilustradora ourensá Elena Andrés é a gañadora do XIX Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Pura e Dora Vázquez, na modalidade de ilustración, certame organizado anualmente pola Deputación de Ourense e dotado con 1.500 euros.
O traballo escollido polo xurado, reunido este xoves na sala de xuntas do Pazo Provincial, ilustrará o libro 'Xoán, Xoana', do escritor e editor Francisco Castro, gañador na modalidade de narración.
No seu fallo, os membros do xurado destacan que as láminas "recollen moi ben o que relata o texto, incidindo na expresión dos sentimentos e das emocións", unha valoración que tamén destaca a adaptación das imaxes ao público ao que vai dirixido, así como a riqueza de detalles que configuran cada plano e a portada".
O xurado estivo presidido pola deputada de Cultura da Deputación, Patricia Torres, actuando como secretaria Ana Malingre, e como vogais David Canda, Antón Alonso, Xosé Antón Dorrío e Isabel Mociño.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.