Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/10/2022 | Actualizada ás 18:14
O SFF-CXT denunciou que Renfe non restitúa os servizos de Media Distancia con Ourense que eliminou durante a pandemia, como se comprometeu en maio de 2021. "A aposta de Renfe por Ourense en materia de ferrocarril céntrase na Alta Velocidade, pero deixando a estación como un simple apeadeiro para transbordos", censuraron.
O sindicato fixo público este comunicado coincidindo co anuncio da Ministra de Facenda de manter para 2023 a bonificación e gratuidade de proximidade, Rodalíes e trens de Media Distancia de titularidade estatal.
Ao non restituír os servizos cancelados pola pandemia, argumentan, os usuarios dos potenciais bonos recorrentes da maioría social da provincia non se poden beneficiar "por falta de circulacións entre a cidade de Ourense e as comarcas do Carballiño, Ribeiro, Lemos e Valdeorras". Lamentan ademais que a estación de Ourense "só manteña dous despachos de billetes abertos para a venda de billetes, deixando unha terceira pechada para tal fin".
"Desde o sindicato levamos meses advertindo desta situación a través dos comités de empresa e mesmo animamos a que aproveitasen para adaptar un do tres pupitres para persoas con mobilidade reducida, usuarios con cadeira de rodas e outro tipo de discapacidades", conclúen.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.