A Xunta dálle case 150.000 euros a La Voz por utilizar un 5% de galego

La Región tamén recibe 35.000 euros para “potenciar o uso do idioma galego”. O Goberno galego xa lle dera case 200.000 euros a outros grandes medios.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/10/2014 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

A Xunta segue destinando miles de euros para manter os grandes medios de comunicación. Unhas veces son convenios publicitarios coas súas consellerías, outros a través da Secretaría Xeral de Medios, outros a través do IGAPE e outros para que publiquen, cando menos, un 5% do seu contido en galego.

Feijóo alimenta a máquina de Santiago Rey'. Gonzalo Vilas fixo esta ilustración para a reportaxe do Novas da Galiza e o GC sobre as axudas aos medios.
Feijóo alimenta a máquina de Santiago Rey'. Gonzalo Vilas fixo esta ilustración para a reportaxe do Novas da Galiza e o GC sobre as axudas aos medios.

E, desta volta, é a Consellería de Educación a que decidiu asinar dous convenios con La Voz de Galicia e La Región para “potenciar o uso do idioma galego”. Unhas subvencións que, pola contra, non reciben os medios en galego.

De feito, o xornal de Santiago Rey recibe 149.000 euros para potenciar o galego que só se emprega no 5% do xornal e, principalmente, nos artigos de opinión. É dicir, por colaboradores alleos ao medio e non por xornalistas do Grupo Voz. 

Esta cantidade é moi superior a que recibiron, por exemplo, este ano, as empresas xornalísticas que se desenvolven en galego, a maior parte das cales, están excluídas deste tipo de axudas e convenios.

Non é só La Voz de Galicia quen recibe cartos neste convenio de colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para potenciar o uso do idioma galego. Tamén o Grupo La Región, a través dos xornais La Región e Atlántico Diario, perciben 35.000,00 euros.

Hermanager - Viñeta - Voz do Ébola
Hermanager - Viñeta - Voz do Ébola

Outros 200.000 euros a outros medios

A estes cartos hai que xuntarlles, os case 200.000 euros  que Educación destinou no primeiro semestre a grupos como Prensa Ibérica –Faro de Vigo e La Opinión de A Coruña--, Editorial La Capital – El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Bergantiños e Diario de Arousa--, Grupo El Progreso –AGN e El Progreso-- ou a Agencia EFE.

Así, o Grupo El Progreso recibiu 103.000 euros; 60.000 para El Progreso e 43.000 para AGN. Este grupo mediático é o único que utiliza o galego, pero só na súa páxina Web, non así no xornal en papel ou no seu servizo de noticias.  Pola súa banda, Faro de Vigo, que escasamente emprega o galego, percibe 40.000 euros, e o outro medio do grupo Prensa Ibérica, La Opinión de A Coruña, 30.000. O Grupo La Capital, que acaba de impulsar un novo ERE nos seus tres medios, tamén recibe 8.220 euros, mentres que a Agencia EFE, 23.000. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

5 Maruxa

La Voz de Galicia é o único medio no que eu vexo que cando Beiras ou Vence conceden unha entrevista en galego, sae SEMPRE en galego. Cando o mariñeiro ou o gandeiro se queixan das cuotas en galego, saen as súas opinións en galego. Cando o escritor fala en galego, sae en galego. Publicado todo iso por xornalistas, por certo, non por colaboradores alleos ao periódico. A ver se atopades frases ditas en galego nas noticias do pleno do Parlamento publicadas en El País Galicia, ao que nunca ninguén lle recorda que traduce todo iso, porque damos por sentado que todos son moi moi respetuosos co galego (de pensamento polo menos) nese xornal aínda que non publiquen nada no idioma.Nas cantidades, está ben que destaquedes a subvención da Voz, cando outros reciben cantidades que non están tan lonxe tendo menos difusión e usando moito menos o galego, non vexo porcentaxes dos outros, claro, porque practicamente non existen.

1 Un avocinado

E logo ti quen ves sendo; un xefeciño que lle lame o cu a Santi ou un suposto currante ó que lle teñen sorbido o seso e que traizou e se agochou detrás do esterco cando botaron a unha chea de compañeiros... Hai que ir facendo o peloteo de turno, nonsi, pero ós que nos botaron ben que non tedes ningún reparo en criticalo dentro da empresa, fato de mangantes mantidos pola Xunta.

2 Daniela

Mira con objetividad. Te hablan de datos y de porcentajes y tú hablas de otras cosas. Habla del País. Pero no, el rebaño sigue. Si lo dice el País mola aunque caguen por el gallego. Y los de la Tvg u Radio Galega serán unos mártires. Pero como en la Valenciana. Callados hasta que los echan. Anda que no chuparon algunos profesionaliños ahora. Y otros con Quintana. Independientes sí, pero con Quintana estuvieron al servicio del gobierno(Vicepresidencia solo). Cinismo hay a kilos.

4 Xandokas

Estamos nunha autonomía-monárquica BANANEIRA!. Viva Galicia Ceive!.

3 Windtalker

Según los berenjenos eso no es gallego, el gallego de verdad es el portujés. Yo de hecho he dejado de usar esa habla pintoresca porque ya nadie la defiende.

1 cipaio

Sabemos que os que dicides que galego non é portugués non falades galego. Sabémolo. Gostades do galego da "abuela, que vos daba unha tasa desa leite tan boa". Pero ti tranquilo, que és un bó gayego-espanhol.

2 Akribéstaton

Com isso só confirma o seu espírito de rebanho.

2 Fartodalingua

Normal. Ese 5% lleva el idioma regional a muchos más personas que todos los demás medios felizmente desparecidos como A Nosa Terra, Xornal de Galicia y otros pseudo diarios tendenciosos, que sólo trataban de inocular en los gallegos la semilla del nazionalismo y el odio a España.

1 Akribéstaton

Normal para servirem-se as duas partes do galego como escusa para a propaganda. Normal se, reduzindo-o ao uso episódico e subsidiário, o único que se quer é estigmatizar o galego como língua local e subsidiada, uma carga que reduz as nossas possibilidades... Além disso, para ódio e fascismo nada como a cultura mesetária.

1 Joam da Troita

Unha vez máis, o PP se burla de todos nós, da nosa cultura e cos nosos cartos. Isto é caciquismo, e unha maneira de suflar cartos de estómagos agradecidos ao servizo do poder.

1 Xan do Unto

Igual que o Lores, alcalde vitalicio de Pontevedra, que sendo do BNG emprega o mesmo criterio que o Partido Podre. Que criterio? O de facer propaganda usando diñeiro publico para manter estomagos agradecidos. Claro que o Joam so mira o que lle vai no partido da contra, que se pode agardar dos que se deleitan coas troitas regaladas o partido fritas en unto!