Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/10/2022 | Actualizada ás 19:54
A CIG denunciou este luns a "discriminación" do persoal do 061 nos procesos de selección do Servizo Galego de Saúde (Sergas) por non puntuar os cursos de prevención levados a cabo en Quirón Prevención. Tal como informou a organización sindical, nos procesos selectivos do Sergas si puntúan os cursos de prevención de riscos laborais levados a cabo con entidades públicas, pero a 061 conta cun servizo alleo.
A pesar das peticións por parte da CIG á dirección do 061 de abandonar o sistema de prevención e mutualidade de accidentes de traballo privado para integrar ao persoal no Sergas, esta solicitude sempre foi rexeita por Urxencias Sanitarias e polo propio Servizo Galego de Saúde, segundo lamenta o sindicato.
"A CIG-Saúde abordou coa dirección do 061 este problema en diferentes ocasións, a última vez no Comité de Seguridade e Saúde de setembro, obtendo como noutras ocasións unha resposta negativa a buscar calquera tipo de solución para que estes cursos puidesen ser baremables polo Sergas", lamentou.
Por todo iso, denunciaron a actitude da dirección do 061, que "discrimina ás traballadoras" fronte ao resto do persoal estatutario do Sergas e esixiron unha "inmediata solución".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.