O Partido Galego celebra o seu Congreso constituínte este sábado en Arzúa

O obxectivo principal é "dar un impulso decidido" de cara as Eleccións Municipais de maio de 2023.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/10/2022 | Actualizada ás 12:09

Comparte esta noticia

O Partido Galego celebra o próximo sábado, 22 de outubro, o seu Congreso constituínte no concello de Arzúa, un evento "imprescindible" despois de dous anos de andadura dende a presentación en decembro de 2020 en Melide. "Foron dous anos moi difíciles polos acontecementos vividos tan graves e dolorosos para a poboación en xeral debido primeiro á pandemia e de seguido pola guerra de Ucraína e as súas consecuencias derivadas", explican nun comunicado.

Membros do Partido Galego
Membros do Partido Galego | Fonte: Partido Galego

O Congreso, sinalan, é necesario para consolidar as novas incorporacións, e tamén para renovar os órganos de dirección, co obxectivo de "dar un impulso decidido de cara as Eleccións Municipais de maio de 2023". 

O congreso constará de dúas partes: a primeira delas, na que participará toda a afiliación, terá apertura ás 10.30 horas e rematará ás 17.00 horas coa elección dos órganos de dirección, entre os que está a Secretaría Xeral e a Presidencia. A segunda parte dará comezo ás 17.15, estará aberta á participación de simpatizantes e convidados e continuará coas intervencións da Secretaria Xeral e Presidencia.

O Congreso rematará cun convivio de petiscos e bebidas para todas as persoas asistentes. O Partido Galego prega reservar asistencias, polas necesarias previsións tanto de capacidade como para o convivio. Para iso, piden remitir unha comunicación simple de nome, apelidos e concello a info@partidogalego.gal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta