Por Galicia Confidencial | Ourense | 19/11/2022 | Actualizada ás 12:14
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, amosou o seu "xúbilo" en redes sociais tras a designación "a dedo", de Francisco Rodríguez, ex alcalde de Ourense, como candidato do PSdeG á alcaldía.
Jácome ironiza se a designación de Rodríguez e do tamén ex alcalde do PPdeG, Manuel Cabezas, como candidatos, non supón un "día da marmota" e, se estes dous políticos, cos seus respectivos partidos pretenden facer unha "pinza" a Democracia Ourensana, cando ambos os dous están "aínda xulgados".
Rodríguez viuse obrigado a dimitir no ano 2012 por mor da súa implicación na 'Operación Pokémon', pero a causa quedou arquivada. Tamén o ex-rexedor ourensán Manuel Cabezas, quen se presenta polo PP. Cabezas foi xulgado por prevaricación e malversación, no marco do chamado 'caso do 10%, pero quedou absolto.
MENSAXE DA DIRECCI
🐹 ¿Día de la Marmota?
— Gonzalo Pérez Jácome -Alcalde de Ourense- (@gonzalojacome) November 18, 2022
El exalcalde Paco Rdez., todavía juzgado por la Pokemon, será el candidato del PSOE a la alcaldía de OUrense en 2023
Se une así al candidato del PP, el exalcalde Manuel Cabezas, todavía juzgado también por corrupción en el Supremo
¿Pretenden pinza a DO? pic.twitter.com/qQDhQc5XWY
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.