O PSOE tamén designará a "dedo" os candidatos ás municipais de Ribeira e Narón

Únense así estes dous municipios ao de Ourense, que contará con Francisco Rodríguez como alcaldable.

Por Europa Press / Redacción | Ribeira | 20/11/2022 | Actualizada ás 20:12

Comparte esta noticia

A Comisión Federal de Listas do PSOE designará os candidatos ás alcaldías dos municipios coruñeses de Ribeira e Narón, polo que non se someterá a súa elección a un proceso de primarias.

Estas dúas candidaturas súmanse ao mesmo sistema empregado en Ourense para designar candidato a encabezar a lista dos comicios municipais previstos para maio de 2023, que neste caso será o exrexedor Francisco Rodríguez.

Segundo a información á que tivo acceso Galicia Confidencial, o presidente desta comisión, Santos Cerdán, emitiu unha directriz asinada o pasado venres, 18 de novembro, na que recolle que "en virtude do disposto nos artigos 39.3 dos Estatutos Federais e 88.5 do Regulamento Federal de Desenvolvemento dos Estatutos Federais, acordou por unanimidade mediante votación telemática", celebrada o día anterior, día 17, "excepcionar a celebración de primarias para a elección de cabeza de lista do PSdeG-PSOE aos concellos de Ourense, Narón e Ribeira".

Por este motivo, continúa, "é competencia da Comisión Federal de Listas a designación do candidato ou candidata para os citados concellos".

Francisco Rodríguez, exalcalde de Ourense
Francisco Rodríguez, exalcalde de Ourense | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta