Piden ao alcalde Cotobade que se opoña ao gran proxecto eólico que queren facer no concello

A plataforma "asieolicosnon" denuncia que non recibiron información sobre o informe positivo da Declaración de Impacto Ambiental (DIA).

Por Galicia Confidencial | Cotobade | 28/11/2022 | Actualizada ás 11:55

Comparte esta noticia

A plataforma “asieolicosnon” de Cotobade reclama a intervención do rexedor deste concello, o popular Jorge Cubela, para parar o gran proxecto eólico que se prevé realizar neste concello tras a publicación da Declaración de Impacto Ambiental (DIA) positiva do Parque eólico Dos Cotos, que afecta as parroquias de Rebordelo, Loureiro, Aguasantas, Carballedo, Viascon e Borela.

Parque eólico de Greenalia
Parque eólico de Greenalia | Fonte: Greenalia

Tras un encontro mantido esta fin de semana, a plataforma reclamou como primeira medida de urxencia unha reunión con Jorge Cubela para que informe sobre que medidas vai a tomar.  Nun comunicado, a entidade amosa a súa "preocupación e indignación" pola falta de información dende o concello ( a pesar de ser solicitada por escrito durante o trámite do PE en varias ocasiones sin resposta) , e espera "que o Concello defenda aos veciños tomando a via xurídica administrativa, como farán outros Concellos".

A plataforma denuncia que a Xunta está acelerando as aprobacións das Declaracións de

impacto ambiental (DIA) xa que o 23 de xaneiro remata o prazo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta