Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/12/2022 | Actualizada ás 13:56
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, advertiu hoxe sobre quen fan lecturas "a conveniencia" do contido da Constitución Española e chamou a garantir o cumprimento íntegro da Carta Magna para impulsar o progreso de España e de Galicia, sen "escusas".
Fíxoo no acto institucional do 44 aniversario da Constitución española, que reivindicou com un "texto vivo" que permite á cidadanía sumar dereitos e alcanzar conquistas sociais "desde o acordo e o traballo común".
"Cumprir a Constitución é a mellor forma de defendela", sostivo Miñones que rexeitou a quen xustifican cumprimentos parciais da mesma."Non poden obviar obrigacións e esixir dereitos, quen actúa así perde lexitimidade", apostilou.
Fíxoo nun discurso, ante autoridades civís e militares, no Palacio Municipal de María Pita despois de que a Delegación do Goberno trasladase por primeira vez este acto fóra da súa sede para inaugurar unha nova "tradición", indicou Miñones.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.