Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/12/2022 | Actualizada ás 19:12
O candidato do PP á Alcaldía de Santiago, Borja Verea, mantivo unha reunión co presidente da delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia, Anxo Cid, e outros membros do colectivo.
Verea apelou á colaboración dos máis de 300 arquitectos que hai colexiados en Santiago. "Temos en Santiago materia prima suficiente, os nosos arquitectos teñen a formación, a experiencia, e a creatividade máis que sobrada para deseñar a nosa cidade. Serán ben recibidas calquera tipo de propostas, estou aquí para escoitar o que tedes que dicir e construír así entre todos un Santiago do século XXI, é necesario construír un novo compostelanismo desde Santiago e para Santiago", proclamou.
Para o candidato á Alcaldía de Santiago, as modificacións do plan xeral de ordenación municipal (PXOM) teñen que ir da man dun 'Plan de Movilidade' "rigoroso" que axude a construír "un Santiago máis ordenado e de futuro", no que os coches "pasen a un segundo plano e as persoas, as familias, recuperen o protagonismo e estean no centro".
Verea lamentou tamén que a situación de Santiago nestes últimos 20 anos leva á cidade a "unha perda de enerxía social". "Temos que recuperar o noso orgullo de cidade e saír dese conformismo no que levamos tantos anos sumidos", aseverou. "Urxe construír un novo compostelanismo desde Santiago e para Santiago", resolveu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.