Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/12/2022 | Actualizada ás 19:48
A coordinadora provincial do Partido Animalista Pacma na Coruña, Manuela García, anunciou que a interpoisición dunha denuncia ante o Seprona contra un veciño de Carnota que publicou nas súas redes sociais un vídeo arrastrando un porco recentemente degolado no seu domicilio, no marco dunha matanza en casa, e que podería estar "mal aturdido".
O animal, segundo denuncian nun comunicado, "seguía vivo e retorcéndose nas imaxes", polo que "podería non aplicarse correctamente o aturdimento previo obrigatorio en todas as matanzas caseiras segundo a normativa sanitaria galega".
Ademais, nas redes sociais cualificaron de "mal gusto" e de "mofa" o trato que esta persoa lle deu ao animal e que se publicou na rede social Facebook, nun vídeo posteado polo usuario para demostrar "a fazaña".
Segundo explica Pacma, nas imaxes o animal, de gran tamaño, está vivo nunhas e morto noutras, "momento no que o presunto infractor aproveita para deitarse ao seu lado e facer unha comparativa de estatura". O post foi borrado ás poucas horas "debido á cantidade de comentarios negativos recibidos", sinalan os animalistas.
Manuela García asegura que "non é a primeira vez que este individuo podería estar a incumprir a normativa galega", pois, asegura, "existen fotos subidas ao seu perfil outros anos con porcos apuñalados no pescozo, algo que está prohibido".
"O que outrora podía verse como algo habitual hoxe é diferente. Os animais non teñen por que experimentar este sufrimento e permitindo as matanzas caseiras é imposible garantir que se evite", sostén a coordinadora.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.