Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/12/2022 | Actualizada ás 17:14
O festival O Son do Camiño pon á venda ás 13,00 horas deste mércores os abonos para a súa cuarta edición cun prezo desde 69 euros, segundo publicou a organización do evento nas súas redes sociais, un día despois de confirmar as datas, que serán o 15, 16 e 17 de xuño no Monte do Gozo de Santiago.
Sen artistas confirmados, o festival sinalou que esta cota de abonos vai "especialmente dedicado a aqueles que peregrinan anos tras ano ata O Son do Camiño, sexa cal for o cartel" e avanzou que esta edición terá 50 artistas e tres escenarios.
O evento bateu o ano pasado todas as súas marcas, xa que unhas 40.000 persoas asistiron diariamente durante o tres días de festival aos case 50 concertos que conformaban o cartel.
Nas edicións celebradas desde o ano 2018, O Son do Camiño contou nos seus escenarios con artistas nacionais e internacionais da talla de Martin Garrix, The Hives, C. Boureo, Duki ou Jhay Cortez.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.