Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 08/01/2023 | Actualizada ás 17:33
O home detido por ferir a un mozo de tres disparos o pasado novembro na localidade ourensá de Maceda quedou en liberdade con afastamento tras pasar a disposición xudicial este domingo ás 12.00 horas.
Segundo confirmaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, decretouse liberdade con afastamento e investígaselle polos delitos de homicidio/asasinato en grao de tentativa ou roubo con violencia en grao de tentativa.
A Garda Civil detívoo o xoves, 5 de xaneiro, máis de dous meses despois dun episodio que deixou ferido grave a un mozo nun edificio de Maceda. A investigación continúa aberta, aínda que as actuacións foron declaradas secretas.
O suceso tivo lugar o 2 de novembro, sobre as 22.00 horas da noite, nun edificio da rúa Cardeal Quiroga. A vítima recibira tres disparos efectuados por outro home ao que desde entón buscaban as forzas de seguridade.
Nin o portal do inmoble nin o da vivenda do ferido presentaban signos de ser forzados. A vítima, que se adicaba á gandaría, permaneceu durante días en reanimación no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.