Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/01/2023 | Actualizada ás 15:18
A Xunta de Galicia concedeu 550.000 euros á Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Santiago (Aspas) para a creación de 90 prazas de atención diúrna e residencial.
A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou este martes as novas instalacións da entidade en San Marcos, que foron financiadas a través da nova orde para a creación ou remodelación de centros de titularidade social.
En concreto, a conselleira explicou que foron dez as entidades beneficiarias desta convocatoria, que está dotada con 13 millóns de euros e cuxa resolución saíu publicada nas últimas semanas no Diario Oficial de Galicia. Así mesmo, resaltou, con esta ampliación, Aspas elevará a capacidade das súas instalacións nun 50 %, o que lle permitirá achegar o seu importante labor a máis persoas e familias de Santiago e da súa contorna.
Fabiola García tamén puxo en valor o compromiso do Goberno galego coa discapacidade tanto a través da colaboración co tecido social, como mediante a posta en marcha de iniciativas propias. Para iso, lembrou que o orzamento da Xunta nesta materia elevarase este ano nun 16 %, ata os 165 millóns de euros.
Do mesmo xeito, sinalou que a Xunta segue incrementando o seu apoio ás entidades do terceiro sector coas axudas con cargo á casa social do IRPF ou de axudas específicas para a súa viabilidade e a actualización salarial dos seus traballadores. As actuacións que se financiarán con esta orden poderán ser acometidas entre o 1 de xaneiro de 2022 e o 30 de novembro de 2025.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.