Por E.P. | OURENSE | 01/02/2023 | Actualizada ás 11:32
O Concello de Ourense informou que reabre ao público desde este mércores as termas públicas e gratuítas de Outariz.
Nun comunicado, o goberno local traslada que xa baixou o caudal do río Miño e finalizaron os traballos necesarios para a súa posta a punto, tras as últimas inundacións.
O horario de apertura será o habitual, continuado de 10,00 a 20,00 horas; e o Concello avanza que as termas de O Muíño tamén reabrirán proximamente.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.