Nesta web utilizamos cookies propias e de terceiros para prestar os nosos servizos, contabilizar as visitas, mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias e integrarnos con varias redes sociais. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode consultar a nosa información detallada.
Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/02/2023 | Actualizada ás 20:22
O Goberno galego deu luz verde, na súa reunión semanal, á nova orde de axudas para ampliar a actual rede autonómica de casas niño, que ao longo de 2023 alcanzará o centenar de instalacións deste tipo repartidas por toda a Comunidade.
A convocatoria para este exercicio permitirá crear 50 novas prazas, é dicir, 10 novos centros en concellos situados no rural que carezan doutro recurso de conciliación para nenas e nenos de entre 0 e 3 anos.
Para alcanzar este obxectivo, o Goberno galego investirá case 900.000 euros. Desta cantidade, 150.000 euros destinaranse a financiar as obras de acondicionamento dos locais que acollerán estes centros, cun máximo de 15.000 euros por cada un.
Os 720.000 euros restantes diríxense a sufragar os gastos de funcionamento, o que supón unha achega de 21.560 euros para cada promotora ou promotor deste recurso.
Desde a activación desta medida pioneira en 2016, a Xunta apoiou a posta en marcha de 95 casas niño para prestar atención a un total de 475 menores. Estes centros ofrecen atención gratuíta de luns a venres durante un máximo de 8 horas diarias a cinco nenos de 0 a 3 anos de idade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.