Traballadores de Eulen en Navantia Ferrol denuncian o incumprimento do contrato

Os traballadores, dispostos a ir a folga

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 22/02/2023 | Actualizada ás 14:53

Comparte esta noticia

Os traballadores da empresa Eulen, encargada do servizo de limpeza no estaleiro de Navantia Ferrol, denunciaron o incumprimento por parte da dirección da compañía do contrato e tamén do seu convenio colectivo.

Así o advertiu o presidente do comité de empresa, Marcos Vázquez, durante unha concentración desenvolvida este mércores ás portas do estaleiro público, onde os traballadores do servizo avisaron que no caso de que non se produzan avances están dispostos a acudir a unha folga.

O representante sindical asegurou que "non se están cubrindo as baixas, vacacións ou licenzas", o que deriva en "un servizo pésimo na limpeza", "unha sobrecarga do traballo no persoal que está en activo" e que non se preste servizo durante os fins de semana. Esta situación que se produce durante todo o último ano, levou a sospeitar aos traballadores que existe "un acordo entre Eulen e Navantia para que isto sexa así, porque non hai queixas da contratista".

CONVENIO

Así, Vázquez asegurou que "non se nos actualizan o IPC en táboas salariais desde o ano 2021, o que xera unha débeda cos traballadores e un malestar no persoal, que vén sumarse á sobrecarga no traballo".

O presidente do comité de empresa detallou que teñen previsto manter un encontro o vindeiro martes 28 de febreiro coa dirección de Eulen para abordar estes asuntos.

Traballadores de Eulen ás portas de Navantia nunha protesta
Traballadores de Eulen ás portas de Navantia nunha protesta | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta