Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/03/2023 | Actualizada ás 18:17
As Anpas Galegas quéixanse da falta de diálogo que teñen coa Consellería de Educación, o que provoca que “retrase máis a convivencia e a colaboración que discutir constantemente sobre temas xa tratados”.
“Cando preguntemos aclaracións da normativa, contestade; porque a vosa resposta será un problema resolto; cando busquemos debater un asunto, convocádenos, para evitar que unha dúbida se converta nun problema; cando solicitemos unha xuntanza, que non imos facelo todas as semanas, poñédea en axenda, porque somos as representantes das familias galegas, somos a parte da comunidade educativa, xunto co propio alumnado”, piden nun comunicado.
Con todo sinalan que sempre reciben a mesma resposta por parte da Consellería, “o silencio”. “Contestan ás preguntas que lles facemos, cando o fan, con meses de retraso; non dan nin por recibidos os correos electrónicos nos que lles pedimos a convocatoria dunha xuntanza; e convócannos cando lles convén para sacar unha foto”, denuncian.
Ante isto, pregúntanse para que está unha Consellería que “nin colaboran, nin informan, nin xestionan a participación, nin aclaran dúbidas” e enfeitizan que eles van seguir denunciando a situación, porque “non imos quedar en silencio sen chistar”.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.