Sanidade saca peito en Canarias do "éxito" da súa convocatoria de prazas de difícil cobertura

O conselleiro lamenta a "inacción" do Goberno central ante "a falta de especialistas" en toda España e reivindica proxectos do Sergas

Por Europa Press / Redacción | Galicia | 09/03/2023 | Actualizada ás 17:10

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, participou este xoves no 23º Congreso de Hospitais e Xestión Sanitaria, celebrado en Las Palmas de Gran Canaria, onde sacou peito do "éxito" das convocatorias de prazas de médicos en postos de difícil cobertura a través de concursos de méritos, é dicir, sen oposición.

"Vai permitir cubrir postos nos hospitais comarcais e reforzar os seus persoais, o que para Galicia, a comunidade coa maior dispersión poboacional, é fundamental", destacou na súa intervención.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, en rolda de prensa
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, en rolda de prensa | Fonte: Europa Press

E é que a Xunta lanzou nos últimos meses un primeiro concurso de méritos con 106 prazas de facultativos especialistas en Atención Primaria que este mes de marzo xa se incorporaron aos seus postos e convocará, proximamente, outro con 413.

Con este segundo proceso, o Sergas quere "reforzar" o persoal fixo dos seus hospitais comarcais, un total de sete "grazas aos cales o 85% dos galegos está a menos de media hora" dun destes centros. A nova convocatoria tamén terá prazas en Atención Primaria e en especialidades de Saúde Mental.

Neste sentido, segundo informa a Xunta, o conselleiro de Sanidade lamentou a "inacción" do Ministerio de Sanidade ante esta cuestión tan "urxente", porque non puxo en marcha "medidas como reforma do sistema de elección de prazas MIR para que non queden prazas desertas".

OUTRAS MEDIDAS DE GALICIA

O titular da carteira sanitaria da Xunta aproveitou para reivindicar outras medidas postas en marcha no Sergas para profesionais e pacientes, como os plans locais de saúde e o uso das novas tecnoloxías para achegar o Sergas á cidadanía.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta