Por E.P. | LUGO | 29/03/2023 | Actualizada ás 13:38
A Deputación de Lugo sinalou este mércores que apoiará a recuperación do santuario de Guadalupe, unha capela construída no século XVIII no Saviñao e considerada un exemplo singular dos santuarios de culto marianos que se construíron durante o período barroco na Ribeira Sacra.
Segundo trasladou a institución provincial nun comunicado, a deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, visitou este templo, declarado Ben de Interese Cultural (BIC) e recolleu as inquietudes dos veciños.
García Porto defendeu que, ademais de por os danos provocados pola falta de mantemento, a rehabilitación é "imprescindible para poder aproveitar todo o seu potencial como atractivo turístico no concello e a comarca".
Nesta liña, subliñou que se trata dun ben patrimonial "de moito valor", polo que supón "a nivel cultural e artístico", así como "polo que ofrece á contorna da Ribeira Sacra", De maneira detallada, o santuario está situado na parroquia de San Vitorio de Ribas de Miño, ten unha construción na que predomina o granito e conta cunha planta rectangular de cruz latina e dous campanarios.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.