Vox designa dous novos candidatos en Oleiros e Ames, con só Ferrol pendente das grandes cidades

Óscar Rodríguez será o candidato en Oleiros e Andrés Pena Vites en Ames

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 29/03/2023 | Actualizada ás 16:28

Comparte esta noticia

O Comité Executivo Nacional de Vox ratificou a dous novos candidatos da formación para as eleccións municipais do 28 de maio en localidades significativas por número de habitantes na provincia da Coruña: Oleiros e Ames. 

Sonia Teijeiro, candidata de Vox en Lugo para as municipais de 2023
Sonia Teijeiro, candidata de Vox en Lugo para as municipais de 2023 | Fonte: VOX

Segundo trasladou, o candidato á alcaldía en Oleiros, Óscar Rodríguez Piñeiro é avogado de profesión desde o ano 2005 e actualmente exerce na empresa técnico-xurídica Fares.

Subliña o partido que Rodríguez Piñeiro colabora desde hai máis de 20 anos con diferentes asociacións e fundacións "en defensa da vida, a familia e a dignidade das persoas". Rodríguez Piñeiro tamén é coordinador local de Vox nesta localidade desde o ano 2021.

Por outra banda, Andrés Pena Vites, coordinador local da formación de Ames, é creador dixital, e conta con experiencia na xestión deste tipo de plataformas.

FERROL SEN CONFIRMAR

Recentemente, Vox informou tamén de que o empresario Marcos Rodríguez sería a súa baza electoral para optar á Alcaldía en Vilagarcía de Arousa. Mentres, das sete cidades da Comunidade, só falta por confirmar quen pugnará polo bastón de mando municipal en Ferrol.

Xa ratificados oficialmente están a catedrática Eva María Castro, quen pugnará en maio do ano que vén pola Alcaldía da Coruña; o médico Fernando Mayo, en Santiago; e José Manuel Torres, funcionario do Concello de Pontevedra e xa cabeza de lista do partido de Santiago Abascal en 2019, que repite nesta convocatoria.

Ademais, o Comité Executivo Nacional de Vox designou a José Fermín Troncoso como candidato á Alcaldía de Ourense e a Álvaro Díaz-Mella en Vigo; mentres que a enxeñeira Sonia Teijeiro será a candidata en Lugo.

Dirixentes estatais de Vox desprazáronse xa a Galicia no marco da precampaña. Na Comunidade atópase, aínda que en visita privada, Ignacio Garriga, quen, en todo caso, aproveitou para deixarse ver pola Coruña nun paseo con dirixentes e candidatos da formación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta