Matria non convence aos espectadores tras unha pobre estrea

A película foi a 11ª película máis vista, moi lonxe da longametraxe de produción estatal, Hotel de los líos, segundo filme máis visto.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 04/04/2023 | Actualizada ás 21:25

Comparte esta noticia

Matria, a ópera prima de Álvaro Gago, estreouse con pouco éxito en salas comerciais e non tivo máis de 8.400 espectadores na súa primeira de estrea, moi lonxe doutra película de produción estatal, Hotel de los líos, que tivo case 80.000 espectadores, case dez veces máis espectadores, segundo datos do Ministerio de Cultura con datos de Comscore Spain.

Fotograma de 'Matria' de Álvaro Gago
Fotograma de 'Matria' de Álvaro Gago

O filme chegou o 24 de marzo a 60 pantallas de todo o territorio español pero, na súa primeira semana situose lonxe das máis vistas, no posto 11, detrás doutras producións estreadas a mesma fin de semana, entre elas, a cuarta entrega de John Wick, que foi a máis vista; '65' que é a cuarta máis vista ou a comedia española 'El hotel de los líos', a segunda máis vista.

De terceira máis vista está Mari(dos), e a partir do quinto posto xa están Momias, Shazam!, la furia de los dioses, Creed III, Scream VI, Todo a la vez en todas partes e Avatar: el sentido del agua. Xa no posto 11, Matria, por diante de 'Un paseo con Madeleine' e "La Sirvienta', tamén estreadas a mesma fin de semana.  

A película Matria recaudou só 54.000 euros nas 65 salas de cinema nas que foi estreada esta fin de semana a pesar da importante campaña promocional que realizou a productora da película. Tamén é unha pobre recadación tendo en conta que John Wick tivo 1,22 millóns, Hotel de los líos 510.000 e 65, 430.000 euros, todas elas estreadas ao mesmo tempo. De feito, Avatar, a décima película mellor posicionada, por riba de Matria, tivo case 100.000 euros na sua 15ª semana nas pantallas.

CRÍTICAS

O filme tivo críticas dispares. Así, Elsa Fernández-Santos en El País di dela que "amosa desequilibrios que acaban pesando no conxunto" e que o filme sostense "grazas ao nervio de María Vázquez", a protagonista. No Cultural, Enric Albero sinala que "a obra posee nervio, si, pero berra os seus propósitos en cada plano".  A maioría das críticas danlle un tres sobre cinco na súa puntuación final e todos coinciden en destacar o papel de María Vázquez que, din, é a que mantén a intensidade do filme.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ferroviarioq

Pois penso que ten todos os ingredientes para ter éxito, Maria Vázquez sáese, nun papel seguramente lonxe do seu talante natural, e o ritmo da película non decae. Semella que algunha xente non quere nada que teña algún carácter social, e prefire productos banais e superficias a tope, onde os conflictos sociais non existen. Nada de pensar. Nada que deixe un pouso amargue. Velahí o problema