Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/04/2023 | Actualizada ás 21:03
Axentes da Garda Civil localizaron este mércores nunha casa situada nunha aldea de Monterrei, o corpo dun home maior que podería levar varios meses falecido. Así o ratificaron a Europa Press fontes coñecedoras do achado do corpo, que xa estaría momificado.
Unha persoa familiar do home, que vivía só, foi o que alertou de que non lograba contactar con el. O cadáver estaba no baixo da vivenda, ao final de todo o habitáculo, e os bombeiros de Verín tiveron que intervir para garantir o acceso á vivenda ás autoridades e servizos xudiciais.
Os seus labores foron de apontoamento, xa que, segundo as fontes consultadas por Europa Press, a vivenda non estaba en boas condicións.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.