Por Galicia Confidencial | Ourense | 03/05/2023 | Actualizada ás 21:00
O Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza iniciou o pasado 20 de abril os trámites para solicitar a non ampliación do concerto educativo dos centros privado-concertados existentes en Pereiro de Aguiar. O seu principal argumento é que entende que o CEIP Plurilingüe Ben-Cho-Sey ten capacidade para asumir as demandas educativas existentes na comarca.
Consuelo Rodríguez Prieto, do STEG, sinala que “non se dan as circunstancias que a lexislación marca para a ampliación do concerto”, facendo referencia a que os centros privados-concertados da comarca non van satisfacer necesidades de escolarización que o ensino público non poida cubrir. "Non van a atender a poboacións socioeconómicamente desfavorecidas, nin se propón ningunha experiencia de interese pedagóxico para o sistema educativo", indicou a través dun comunicado.
O sindicato docente considera que, logo da campaña que algúns medios de comunicación levaron a cabo a prol do ensino privado, "é o momento de amosar que o público é garantía de calidade". "O ensino privado-concertado é unha ferramenta de privatización do ensino que leva a precarización do ensino público", suliñou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.