Nesta web utilizamos cookies propias e de terceiros para prestar os nosos servizos, contabilizar as visitas, mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias e integrarnos con varias redes sociais. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode consultar a nosa información detallada.
Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/05/2023 | Actualizada ás 19:08
O Xulgado de Instrución número 3 de Ferrol incoou dilixencias previas tras unha denuncia presentada pola sociedade Cuarzo Producioness Artísticas en relación ao alcalde de Ferrol e ao seu concelleiro de Festas por presuntamente fraccionar contratos. Unha denuncia que chega a menos dun mes das eleccións municipais.
A maxistrada, tal e como consta en documento xudicial ve unha "posible existencia" de delito de prevaricación administrativa no presunto fraccionamento dos contratos de festas do Concello de Ferrol.
A empresa presentou esta denuncia contra o alcalde de Ferrol, Ángel Mato (PSOE), e o actual concelleiro de Cultura, Educación, Universidade, Deportes e Festas, Antonio Golpe, aos que acusa, tras a súa chegada ao goberno en 2019, de comezar presuntamente a fraccionar os contratos maiores, adxudicándoos como contratos menores.
Deste xeito, a denuncia estima que se estivo "esquivando a lei de contratos públicos de maneira fraudulenta, para non ter que sacar os contratos a un procedemento aberto con publicidade e así convidar exclusivamente a un máximo de tres empresas designadas de maneira directa desde a concellaría".
EMPRESAS AFECTADAS
Segundo Cuarzo Produciones Artísticas, este proceder "afectou a moitas empresas do sector, ao non realizarse un concurso público aberto con publicidade como establece a lei de contratos das administracións, evitando a competitividade e a participación a todas as empresas interesadas en ofertar as súas propostas".
Así, a través dun comunicado, aseguran que na documentación achegada ao Xulgado destacan, entre outras moitas, a contratación da instalación e produción da carpa de Nadal de 2021 instalada en praza de Armas, "para a que realizaron 17 contratos menores por un importe total de 177.839 euros máis IVE.
Tamén se destaca que, no verán de 2022, "adxudícanse seis contratos menores, o mesmo día, coa mesma empresa, cos mesmos importes, e para o mesmo evento por un importen total de máis de 35.000 euros.
Esta situación de presunto fraccionamento de contratos, segundo a documentación achegada pola denunciante, dáse presuntamente "en máis de 60 contratacións da Concellaría de Festas durante esta lexislatura, por un importe de varios centos de miles de euros, á espera dos contratos que poden non publicarse na web de transparencia".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.