Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/05/2023 | Actualizada ás 19:01
O Sindicato Labrego Galego (SLG) reclamou á Xunta información sobre os polígonos industriais eólicos en tramitación ante o que cualifica como unha "aprobación másiva".
O seu vogal no Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Diego Sánchez, dirixiuse á conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, na súa condición de presidenta do mesmo, para solicitar a citada información.
"Tendo en conta das irregularidades no proceder do oligopolio empresarial que se disputa o mercado da enerxía eólica no noso territorio", demandan datos exactos sobre o número de expedientes informados negativamente por fraccionamento, así como os externalizados para a realización dos informes ambientais.
Faino, sinala, para aclarar "a maneira na que a administración galega está a acelerar a tramitación de polígonos industriais". Por iso, considera tamén urxente convocar o pleno do Consello Galego de Medio Ambiente.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.