Cambios "operativos" no BNG

O Consello Nacional do BNG decidiu o pasado sábado aprobar certos cambios na súa Executiva para "facela máis operativa"...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 13/05/2008 | Actualizada ás 15:13

Comparte esta noticia

Esta modificación tamén ten que ver co día a día da formación frentista xa que, a partir de agora, serán tres persoas as encargadas de levar o día a día da coordinación. Aínda que Francisco Jorquera non renuncia como Coordinador da Executiva o certo é que a súa elección como deputado déixao con menos tempo para abordar estas cuestións. Encargaranse do seu traballo diario o novo secretario de Acción Sindical; o de Organización, Alberte Ansede e o de Acción Municipal, Roberto Mera.

Precisamente estes cambios fixeron que nese Consello Nacional tanto o Encontro Irmandiño como o Movemento pola Base votaran en contra, a pesar de que os primeiros dixeron estar dacordo coa incorporación de Aymerich.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

20 anti-caci-quins

bule-bule, non se trata de vilipendiar ao bloque para favorecer ao psoe, trátase de que na xunta de galicia tarde moito tempo en voltar o pp ou calqueira dereita homologada ou sen homologar e para elo precísamos que o goberno progresista vaia faguendo as cousas ben.
para faguelo rematadamente mal xa chegou cos anos e anos de martelo pilón do pp e para faguelo igoal, sobraban tantas alforxas.
a min dóeme que un goberno progresista escriba unhas cousas no pacto de goberno e logo no exercicio de gobernar faga o contrario.

http://www.institucions.info/Instit...

19 Oscar

Coñezo o diario La Region. Meu avó (que vive nunha aldea de Ourense), estaba suscrito. Cando o concello estaba gobernado polo PP (ou sexa, ata Maio do ano pasado) o alcalde e a súa cuadrilla fomentaban que os vellos se subscribisen a ese diario. Logo dábanllelo gratuitamente.
Sobre os seus contidos, xa os vemos: baltarismo puro. Nunca vin cousa tan conservadora. Unha vez probei a comprar La Razon, lelo e logo ler La Region; e na miña opinión La Razón é bastante máis razoable que ese panfleto que só é un instrumento de propaganda dos caciques ourensáns liderados por Baltar.
Paréceme que non está lexitimado para criticar por fasciostoide alguén que le un periódico que só di mentiras e difamacións. Osorio, eu de ti deixaba de ler ese panfleto e dende logo deixaba de darlle a máis mínima credibilidade ao que diga, por hixiene mental.

18 bule bule

C..o pois para non existir, vai conseguir máis ou menos o 40 % dos votos dentro dun ano. Ti non serás dos do 60-70 % dos votas nas próximas eleccións para o PSOE, non??
Que bó e anticaciquíns que se preocupa polos votantes do bloque. Que sería de nós, sen xente coma él que nos digan o equivocados que estamos. E se o dí de forma pedante millor. O de terxiversar, subiugar e praxe os atopastes nun diccionario antes de escribilas a que si??
Pois si Osorio. Quizáis esta concelleira pecou de desconfiada. O que tiña que facer é untar con anterioridade a tódolos medios, e ser máis sutil, tal como fan o PP e o PSOE que son máis cucos que os do BNG. Tiña que soltar la pasta antes. Quizáis é por iso do que se queixan os periodistas.
Pero que lle queres. A concelleira saíunos desconfiada. Non se pode ter todo nesta vida.
Se por cada caso de isto, tivera que dimitir alguén do PP ou do PSOE, estes partidos quedaríanse sen dirixentes. E nos sen unha concelleira.

17 osorio

la ultima ocurrencia de la concejala de cultura del ayuntamiento de ourense ha sido lamentablemente fascistoide. simplemente por hijiene democrática, esta concejala del bloque, deberia dimitir ipso facto y retirarse a meditar a cualquier cenobio solitario para autoanalizar si galicia finalmente debe ser una dictadura o no.

http://www.laregion.es/noticia/5648...

http://www.ourensedixital.com/_nova...

16 Xandokas

..... queredes un bo cambio operativo????? ..... pois ahí o tendes: Quintana go home!!