Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/12/2024 | Actualizada ás 18:38
Un home perdeu a vida e outras dúas persoas resultaron feridas tras producirse unha colisión entre dous vehículos na estrada AC-550, ao seu paso pola localidade coruñesa de Carnota. Entre os feridos está a neta do falecido que está grave.
Segundo informou o 112 Galicia, o sinistro ocorreu no quilómetro 28 desta vía, na parroquia de Lira, pasadas as 17.00 horas deste venres. Os equipos de emerxencias excarceraron a un dos feridos e traballan para liberar do habitáculo o corpo do falecido.
Ata o lugar desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Cee, do GES de Muros, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que se encargaron do traslado dos feridos: un a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago e outro en ambulancia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.