Cambios "operativos" no BNG

O Consello Nacional do BNG decidiu o pasado sábado aprobar certos cambios na súa Executiva para "facela máis operativa"...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 13/05/2008 | Actualizada ás 15:13

Comparte esta noticia

Esta modificación tamén ten que ver co día a día da formación frentista xa que, a partir de agora, serán tres persoas as encargadas de levar o día a día da coordinación. Aínda que Francisco Jorquera non renuncia como Coordinador da Executiva o certo é que a súa elección como deputado déixao con menos tempo para abordar estas cuestións. Encargaranse do seu traballo diario o novo secretario de Acción Sindical; o de Organización, Alberte Ansede e o de Acción Municipal, Roberto Mera.

Precisamente estes cambios fixeron que nese Consello Nacional tanto o Encontro Irmandiño como o Movemento pola Base votaran en contra, a pesar de que os primeiros dixeron estar dacordo coa incorporación de Aymerich.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

15 clodio

PPÉ, PSOÉ, BNGÉ, a mesma merda é!

14 castro caride

las referencias de anticaciquins a la deriva del bloque ha sido de lo mejorcito en cuanto a claridad de todo lo que llevo leido en galicia confidencial desde que existe.

13 anti-caci-quins

bule bule ¿qué queres dicer? non me f o d a s. o PP non existe. vai ao grao. toca endereitar o poder e agora en galicia o poder é social-naionalista. a cuestión é: son coherentes ou non o son. cumpren coa teoría ou terxiverxana subiugada pola praxe conservadora?

12 bule bule

Se a xente tivera este espíritu crítico cos demáis partidos, a todos nos iría un pouco mellor.

Este post sobre o bloque leva 11 mensaxes (có meu 12), mentras que o tema dos "Follóns do PP" leva 4.

11 anti-caci-quins

alegrome de que o miña anterior intervención informativa e tamén de opinión tivera que agradar moderación para, finalmente, que se deixase sen censura no GC. independentemente das miñas opinións, estou seguro que as informacións que facilito sobre as incoherencias entre a teoría e a praxe dos dirixentes do bloque son reais e totalmente fidedignas. precisamente por iso as califico de INCOHERENTES e afirmo que a forma de gobernar do bloque é un auténtico fraude para os seus votantes. por outra parte tamén quero deixar en evidencia que todo o discurso do bloque é unha CARETA. pois ben en dous anos e medio xa caeu a careta. xa se acabaron os carnavais: o bloque é un partido tan pouco creible coma os demáis. saúde.