Cambios "operativos" no BNG

O Consello Nacional do BNG decidiu o pasado sábado aprobar certos cambios na súa Executiva para "facela máis operativa"...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 13/05/2008 | Actualizada ás 15:13

Comparte esta noticia

Esta modificación tamén ten que ver co día a día da formación frentista xa que, a partir de agora, serán tres persoas as encargadas de levar o día a día da coordinación. Aínda que Francisco Jorquera non renuncia como Coordinador da Executiva o certo é que a súa elección como deputado déixao con menos tempo para abordar estas cuestións. Encargaranse do seu traballo diario o novo secretario de Acción Sindical; o de Organización, Alberte Ansede e o de Acción Municipal, Roberto Mera.

Precisamente estes cambios fixeron que nese Consello Nacional tanto o Encontro Irmandiño como o Movemento pola Base votaran en contra, a pesar de que os primeiros dixeron estar dacordo coa incorporación de Aymerich.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

5 c3po

Mafalda, ¿na liña de que? ¿de meter unha muller aínda que sexa peor opción que un home? ¿por cuota? Fraco favor para as mulleres...

4 bloquin

asembleas?
ji, ja, jo, ju ... as asembleas xa non son o que eran.
"agora -dixo quin- non hai asembleas decisorias. agora que "mandamos nós", as asembleas son somentes consultivas que entre o paco, canal e mais eu sabemos de sobra o que temos que faguer e a chusma o que ten é que obedecer e calar"

3 anacleto

Facémolas para ver a cara de sicótico de Paco e os seus homes (os homes de Paco)

2 estaputos

Os estaputos taladrados outra vez. Pero para que facemos asembleas nacionais?

1 Mafalda

o de cambar unha muller por un home esta moi ben,moi na linea.