Piden a doazón de sangue, especialmente dos grupos A positivo, 0 positivo e 0 negativo

Segundo informou a axencia ADOS, as reservas destes grupos presentan niveis baixos, polo que "é necesarios reforzar o permanente chamamento nas campañas de doazón".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/06/2023 | Actualizada ás 15:46

Comparte esta noticia

A Axencia de Doazón de Óganos e Sangue (ADOS) fai un chamamento xeneralizado á participación de toda a cidadanía e, de forma especial, aos doantes dos grupos A positivo, 0 positivo e 0 negativo. Segundo informou a axencia, as reservas destes grupos presentan niveis baixos, polo que "é necesarios reforzar o permanente chamamento nas campañas de doazón".

Ante isto, lembrou que nos hospitais galegos necesitan entre 400 e 500 doazóns de sangue diarias para desenvolver de maneira eficaz o seu labor asistencial. Desta forma, incidiu en que en moitas das tarefas que se realizan nos centros sanitarios galegos son imprescindibles os compoñentes sanguíneos.

Nesta liña, puntualizou que en determinadas épocas do ano pode baixar o número de doazóns, como os meses de verán, pero non sucede o mesmo coa demanda de sangue e os seus derivados que necesarios nos hospitais.

UNIDADES MÓBILES DE DOAZÓN

As unidades móbiles da ADOS desprazaranse este xoves, venres e sábado polos concellos galegos. Así, este xoves estarán en Perlío (Fene), Cabana de Bergantiños, Coristanco, Ribadumia, Milladoiro (Ames) e Burela.

No que respecta ao venres, 9, estarán en Praza de España (Ferrol), Cantón Obelisco (A Coruña), Cambre, Noia, Lalín, Cale Príncipe (Vigo), Castro de Rei, Castro Ribeiras de Lea, Xinzo de Limia e zona A Piringalla (Lugo)

O sábado, 10, estarán en Praza de España (Ferrol), O Burgo (Culleredo), Noia, Xinzo de Limia e na Igrexa de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días (Vigo). Ademais, os interesados poderá doar sangue nos locais de doazón existentes no sete grandes cidades galegas.

Unha persoa doa sangue durante a presentación da campaña de verán de doazón de sangue
Unha persoa doa sangue durante a presentación da campaña de verán de doazón de sangue | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta