Protestas no CIFP A Xunqueira porque 75 alumnos de primeiro curso non poderán acabar os seus estudos

Debido a reducción da oferta de ciclos formativos por parte da Consellería de Educación, pecharánse seis aulas.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 14/06/2023 | Actualizada ás 12:51

Comparte esta noticia

Profesores e alumnos do Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) A Xunqueira de Pontevedra concentraranse o vindeiro venres, día 16 de xuño ás 11:30, ante o peche de seis aulas anunciado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Nun comunicado remitido aos medios de comunicación, profesores do instituto lamentaron que a Xunta publicase unha oferta formativa para o próximo curso que supón a redución dos ciclos de formación profesional de Servizos Socioculturais e á Comunidade.

Desta maneira, extinguiranse os ciclos presenciais de Actividades Domésticas e Limpeza de Edificios e o Ciclo Superior de Integración Social e de Promoción da Igualdade de Xénero. "Esta medida afectará, de forma inmediata, a 75 alumnos de primeiro curso, que segundo a información remitida pola Dirección Xeral de FP quedan sen poder terminar os estudos", criticaron.

IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra
IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta